Inerttes é un grupo naceu na cidade olívica no ano 2004, ca iniciativa de dous amigos que tiñan ganas de tocar. A comezos do 2005 fórmanse por completo.

Durante todo este tempo realízanse concertos, ensaian duro o seu estilo, pop/rock/alternativo e no 2007 graban o seu primeiro tema de estudio que ten boa acollido, o que os leva a realizar máis concertos e chegar ás portas das finais de moitos concursos.

No 2008 sacan a súa primeira maketa "Starpez", ca que se coronaron co premio á mellor maqueta no concurso "Maketón Estrella Galicia"

Actualmente o grupo atópase facendo concertos para promocionar esta maqueta. Hai dous concertos programados para este mes:

Desde os seus comezos tiveron unhas influencias: Piratas, Deluxe, Smashing Pumpkins, Pacífico..., que agora están máis marcadas que antes.