Dakidarría, do Val Miñor para o mundo

Dakidarría é un grupo que mistura o punk, o reagge e o ska que naceu en Nigrán en enero do 2001, contando con tan só 4 membros.
Agora, oito anos despois, é un grupo ben consolidado composto por sete rapaces que reflexan nas súas cancións de ritmo bailable unhas letras, entre galego e castelán, cunha moi forte influencia da esquerda. Nelas tratan diversos temas como o paro, o asasinato do xoven manifestante Carlo Giuliani nas protestas antiglobalización acontecidas en Xénova, o consumismo, o ecoloxismo ou a relixión, entre outros.

O ano pasado Dakidarría publicou un CD+DVD chamado "El futuro nunca existió" que incluía un reportaxe sobre a xira que fixeron por México "Azteka Tour". Aquí vos deixo unha pequena mostra da música que fan.
Disfrutádeos!




Lucía Nogueira García dijo
Bo grupo! aínda que non se adapta moito a meu estilo jeje
Un bico
9 Mayo 2009 | 11:26 PM