A entrada de hoxe vai estar adicada a esas cancións que marcaron toda unha xeración. Estou a falar dos temas de Xabarín Clube, cancións que estiveron presentes en moitas das mañás e tardes da infancia dos que ahora rondan os 17-20 anos.

Quén no recorda temas coma "Carmiña Vacaloura", "Íscalle Lura" ou "Estou na lavadora" entre moitos outros?

Quén non lembra as tardes con bocatas de Nocilla diante do televisor, tarareando estas melodías, de artistas  galegos coma Heredeiros da Crus, Siniestro Total, Killer Barbies ou Blood Filloas?

Aquí vos deixo un video da miña canción preferida.Propóñovos que me digades cal é a vosa , ou cal lembrades con máis intensidade.

Voltemos á infancia durante uns intres!!