Comeza a semana, a partir de hoxe moitas cousas van cambiar, xa que como todos sabedes onte foron as eleccións galegas que decidiron que sexa o Partido Popular quen goberne en Galicia durante os catro vindeiros anos. Despois da miña decepción cos resultados, creo que unha boa maneira de desconectar desta realidade durante un momento é escoitando un pouco de música.

 A miña elección será Cornelius, un grupo de rock de Vilagarcía de Arousa que descubrín de casualidade nun concerto en Santiago de Compostela. Cautiváronme co seu magnífico directo con cancións que me marcaron tanto, que no mínimo despiste xa me encontraba tarareando algunas das súas sutiles melodías, recordando os seus toques de jazz, cas guitarras e o piano de fondo e a voz  impactante do seu vocalista.

Cornelius, acaban de grabar o seu primeiro disco, formado por un conxunto de cancións de sobresaínte chamado "Greatest Hits" que vos invito a que escoitedes.

Creo que non teño máis que dicir deles. Déixovos o video desta canción, que persoalmente paréceme que merece a pena escoitar.

 Que os disfrutedes!