Sons Galegos na rede http://sonsdaterra.lacoctelera.net <a href="http://www.flickr.com/photos/36888451@N06/3395709766/" title="cabecera por enfocandote, en Flickr"><img src="http://farm4.static.flickr.com/3449/3395709766_32945076e8_o.jpg" width="720" height="180" alt="cabecera" /></a> es-es Música Moda y Belleza http://s3.amazonaws.com/lcp/sonsdaterra/f/aa161f23bba6332bea4c876278d32c24.jpg Sons Galegos na rede http://sonsdaterra.lacoctelera.net the-shaker v0.1. More on http://www.the-shaker.com Inerttes, pero con ganas de facer música http://sonsdaterra.lacoctelera.net/post/2009/05/27/inerttes-pero-con-ganas-facer-musica 2009-05-27T23:39:05+00:00 Inerttes é un grupo naceu na cidade olívica no ano 2004, ca iniciativa de dous amigos que tiñan ganas de tocar. A comezos do 2005 fórmanse por completo.

Durante todo este tempo realízanse concertos, ensaian duro o seu estilo, pop/rock/alternativo e no 2007 graban o seu primeiro tema de estudio que ten boa acollido, o que os leva a realizar máis concertos e chegar ás portas das finais de moitos concursos.

No 2008 sacan a súa primeira maketa "Starpez", ca que se coronaron co premio á mellor maqueta no concurso "Maketón Estrella Galicia"

Actualmente o grupo atópase facendo concertos para promocionar esta maqueta. Hai dous concertos programados para este mes:

Desde os seus comezos tiveron unhas influencias: Piratas, Deluxe, Smashing Pumpkins, Pacífico..., que agora están máis marcadas que antes.

]]>
http://sonsdaterra.lacoctelera.net/post/2009/05/27/inerttes-pero-con-ganas-facer-musica#comentarios
Belöp http://sonsdaterra.lacoctelera.net/post/2009/05/25/belop 2009-05-25T10:53:45+00:00

Belöp é un grupo redondelano composto por mozos que rondan os 22 anos. Acaban de grabar a súa primeira maqueta "Sometimes people need something like this", que tivo gran acollida entre o público da cidade de Vigo alrededores.

A súa música baséase cancións en inglés, con ritmos rockeiros, abundantes punteos de guitarra e melodías pegadizas.

Actualmente teñen unha serie de concertos programados ata Xullo, que será cando crucen a península para tocar en dúas salas barcelonesas.

Como moitas bandas, Belöp optou por introducirse nas redes sociais para darse a coñecer. Podedes encontralos en Tuenti ou Facebook, aparte de no seu Myspace

Non hai moito máis que dicir, aquí vos deixo unha canción para que poidades opinar por vos mesmos, a min persoalmente está canción recórdame enormemente o son dos ingleses Arctic Monkeys.

]]>
http://sonsdaterra.lacoctelera.net/post/2009/05/25/belop#comentarios
Moon Cresta, de Nigrán a California http://sonsdaterra.lacoctelera.net/post/2009/05/23/moon-cresta-nigran-california 2009-05-23T22:10:38+00:00

Moon Cresta é unha banda con compoñentes de Vigo e Nigrán cun estilo moi propio, o power&funk, un estilo que recupera sonidos rockeros e do funk dos anos 70, sen perder a súa contemporaneidade. A banda fórmase a finais de 1998, e sobrevive ata a actualidade basando as súas composicións en influencias de bandas como Led Zeppelin, Audioslave ou Jamiroquai

A banda xa ten un disco no mercado, que consta de 10 cancións e un DVD cun precioso concerto en acústico. Na actualidade Moon Cresta está inmerso na preparación do seu próximo álbum que será grabado en California, nos estudios Radio Star onde traballaron grupos coma Red Hot Chili Peppers.

Non perdades a oportunidade de escoitalos

]]>
http://sonsdaterra.lacoctelera.net/post/2009/05/23/moon-cresta-nigran-california#comentarios
Ranking de blogs http://sonsdaterra.lacoctelera.net/post/2009/05/22/ranking-blogs 2009-05-22T16:45:35+00:00

Debido á práctica de clase, comentarei neste post cales son os 3 mellores blogs de entre os meus compañeiros.

No Terceiro posto:

Houbo varios que me gustaron, tanto polo seu diseño como polo seu contido. No apartado de diseño, houbo dous blogs nos que me apetecía continuar analizando debido á maneira de chamar a atención. Este blog chamado "Las Cuatro Pes del Márketing" destaca sobre todo polo seu colorido, a súa organización...aínda que o tema que trate sexa algo máis "pesado", o seu diseño fai que te sentas atraído por el. Non conseguir ver a quen pertence o blog, pero sen dúbida conseguiu un diseño xenial.

En segundo lugar:

O blog "Galicia Alternativa" tamén gustóume moito, tanto polo seu contido, o turismo en Galicia, tema que encontro moi interesante e útil, como polas fotografías que contén, segundo a miña opinión son moi boas. Según parece, son fotos sacadas pola autora do blog, o que lle da aínda máis mérito.

O ouro é para....

"La imagen conocida", un blog baseado na relación entre publicidade e personaxes coñecidos: anuncios protagonizados por famosos, o uso do photoshop na publicidade, os beneficios que se levan por protagonizar campañas....en xeral, un contido interesante e entretido, unha maneira diferente de enfocar o tema publicitario. Ademáis, o seu diseño é sinxelo e cómodo a vista.

]]>
http://sonsdaterra.lacoctelera.net/post/2009/05/22/ranking-blogs#comentarios
Kannon, rap metal vigués http://sonsdaterra.lacoctelera.net/post/2009/05/18/kannon-rap-metal-vigues 2009-05-18T21:00:02+00:00 Kannon é un grupo vigués que comezou como a maioría das bandas, xuntándose no instituto, compoñendo as súas primeiras cancións e tocando versións de temas dos seus grupos favoritos.

A formación que se mantivo ata o momento da súa ruptura completouse no ano 98, que foi cando comezaron a adicarse máis seriamente a música tomando influencias de grupos como Rage Against The Machine, Bad Religion ou Biohazard.

Foi o productor Pablo Iglesias o que lles deu a oportunidade de grabar a súa primeira maqueta, e a partir  de ahí obtiveron un grande reconñecemento no panorama musical nacional, gracias a unha particular forma de fusionar músicas, a priori distantes, como son o rap e o metal, conseguindo un estilo orixinal que chegou a un público máis aberto. Nos seus dous últimos discos, tiran cara o rock, desfacéndose totalmente do metal e o rap no seu último traballo "Destino".

No ano 2006,tras nove anos de carreira musical, catro discos no mercado e tres xiras por España, Kannon separouse por motivos que explicaban na súa páxina web: "El motivo es la imposibilidad de seguir llevando a cabo con profesionalidad las exigencias de una cuarta gira, debido a la falta de motivación de parte de la banda y a las diferencias de opinión que eso implica.
(...)simplemente podemos daros las gracias por haber estado ahí y permitirnos llegar a vuestras casas y ciudades y vivir una experiencia tan especial como ha sido tocar en Kannon."

Aquí vos deixo unha das cancións incluídas no seu álbum "De nuevo o nunca"

]]>
http://sonsdaterra.lacoctelera.net/post/2009/05/18/kannon-rap-metal-vigues#comentarios
Dakidarría, do Val Miñor para o mundo http://sonsdaterra.lacoctelera.net/post/2009/05/09/dakidarria-do-val-minor-o-mundo 2009-05-09T22:16:15+00:00

Dakidarría é un grupo que mistura o punk, o reagge e o ska que naceu en Nigrán en enero do 2001, contando con tan só 4 membros.

Agora, oito anos despois, é un grupo ben consolidado composto por sete rapaces que reflexan nas súas cancións de ritmo bailable unhas letras, entre galego e castelán, cunha moi forte influencia da esquerda. Nelas tratan diversos temas como o paro, o asasinato do xoven manifestante Carlo Giuliani nas protestas antiglobalización acontecidas en Xénova, o consumismo, o ecoloxismo ou a relixión, entre outros.

O ano pasado Dakidarría publicou un CD+DVD chamado "El futuro nunca existió" que incluía un reportaxe sobre a xira que fixeron por México "Azteka Tour". Aquí vos deixo unha pequena mostra da música que fan.

 

Disfrutádeos!

]]>
http://sonsdaterra.lacoctelera.net/post/2009/05/09/dakidarria-do-val-minor-o-mundo#comentarios
Technorati http://sonsdaterra.lacoctelera.net/post/2009/05/04/technorati 2009-05-04T12:03:24+00:00 <a href="http://technorati.com/claim/fmbu3mey6u" rel="me">Technorati Profile</a>

]]>
http://sonsdaterra.lacoctelera.net/post/2009/05/04/technorati#comentarios
Día de Furia http://sonsdaterra.lacoctelera.net/post/2009/04/26/dia-furia 2009-04-26T18:33:40+00:00 Día de Furia é un trío de Cangas que basa as súas composcións nunha mezcla de rock, hardcore, metal e incluso pop para crear o seu propio son. Ademáis contan con riffs intelixentes e unhas letras contaxiosas.

Estas características se materializan no seu album "Corea", un disco composto por dez cancións, que saiu as rúas fai xa dous anos.

As súas influencias, como eles sinalan no seu myspace, son grupos como Helmet ou Daft Punk.

Déixovos con unha das súas canciones, chamada "Nadie muere antes de tiempo".

Que o disfrutedes!

]]>
http://sonsdaterra.lacoctelera.net/post/2009/04/26/dia-furia#comentarios
Voltando á infancia... http://sonsdaterra.lacoctelera.net/post/2009/03/30/voltando-infancia 2009-03-30T11:54:48+00:00 A entrada de hoxe vai estar adicada a esas cancións que marcaron toda unha xeración. Estou a falar dos temas de Xabarín Clube, cancións que estiveron presentes en moitas das mañás e tardes da infancia dos que ahora rondan os 17-20 anos.

Quén no recorda temas coma "Carmiña Vacaloura", "Íscalle Lura" ou "Estou na lavadora" entre moitos outros?

Quén non lembra as tardes con bocatas de Nocilla diante do televisor, tarareando estas melodías, de artistas  galegos coma Heredeiros da Crus, Siniestro Total, Killer Barbies ou Blood Filloas?

Aquí vos deixo un video da miña canción preferida.Propóñovos que me digades cal é a vosa , ou cal lembrades con máis intensidade.

Voltemos á infancia durante uns intres!!

 

]]>
http://sonsdaterra.lacoctelera.net/post/2009/03/30/voltando-infancia#comentarios
Blogs http://sonsdaterra.lacoctelera.net/post/2009/03/07/blogs 2009-03-07T16:50:54+00:00 Ola!

Seleccionei dous blogs de contido musical que me pareceron interesantes, atopados ca axuda dos buscadores de blogs de Google e Linkloo

Un que me chamou a atención polo seu contido é o da revista dixital "RockerMag", que non se adica soamente a un estilo musical, senón que aborda varios (dende o punk ó hiphop, da electrónica ó pop, música dos 60,70... ) Ademáis, parecéume interesante xa  que as súas entradas tamén son variadas, con opinións sobre grupos, novas sobre concertos... É un blog moi recomendable para todo aquel que esté interesado pola música.

O segundo blog que atopei foi " Rock and Roll Circus".  Este chamoume especialmente a atención pola gran cantidade de links a blogs relacionados que nos proporciona, ademáis de polo seu contido, baseado en videos e en letras de cancións. A temática que trata é principalmente rock, sobre todo de música dos 60 en adiante, falando de grupos como Ramones, Deep Purple, Lou Reed...

Espero que a vos tamén os gusten estes blogs.

Saúdos!

]]>
http://sonsdaterra.lacoctelera.net/post/2009/03/07/blogs#comentarios